O programa vai do 22 de decembro ao 5 de xaneiro.

Máis de 20 propostas para estas datas no Concello de Verín

O programa oficial está composto por máis dunha vintena de propostas culturais e de lecer para todos os públicos; entre os que se inclúen concertos, teatro, obradoiros, mercados e feiras específicas, actividades para os centros de maiores, actividade diaria na Ludoteca (para conciliar a vida familiar e laboral), iniciativas sociais e comerciais, xunto coa tradicional cabalgata de Reis.
De devandito programa do Nadal, poderase consultar na páxina web do Concello e será buzoneado e distribuído polos diferentes centros municipais e establecementos comerciais e hostaleiros da vila.

Oferta
Entre a oferta cabe destacar o Belén da Viruca (aberto no Salón Parroquial de Verín ata o 6 de xaneiro); a pista de xeo (na praza García Barbón do 22 ao 30 de decembro); concertos (en varias localizacións e en varios días); e a cabalgata de Reis (co percorrido habitual, comezando no asilo e terminando no Pavillón Municipal de Deportes) o día 5 de xaneiro a partir das 19:30 horas.

Ludonadal
Outra das actividades máis demandadas é o Ludonadal. Dirixida a nenos, con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos estará aberto do 22 de decembro ao 5 de xaneiro. A actividade realizarase no colexio infantil Módulos (Amaro Refojo) de luns a venres, de 9 a 14 e de 16 a 20 horas; e sábados de 9 a 14 horas.

Aever
A asociación de comerciantes e empresarios de Verín, Aever, volve a regalar 1.000 euros entre todos os seus clientes. Por cada compra superior a 10 euros -entre o 5 de de-cembro ao 2 de xaneiro- en calquera dos establecementos asociados a CCU AVER Verín, recibirase un boleto para participar no sorteo de 1000 euros; o sorteo realizaráse o día 3 de xaneiro no pavillón dos deportes de Verín, durante a Gala do Show dos paiasos, ás 20 horas. O gañador deberá gastar ao día seguinte -día 4- o premio en, polo menos, cinco establecementos asociados cun importe máximo de 200 euros por establecemento.
Ademais, a asociación aconsellou aos seus asociados, para facilitar as compras destes días tan especiais, que abran os días 24 e 31, coa finalidade de facilitar as compras. A maioría de establecementos acolleranse a esta medida.
Tamén celebrarase o concurso de escaparates de Nadal 2017 con temática libre no que se valorará a creatividade e orixinalidade; combinación de elementos e cores; iluminación e composición.
O día 3 de xaneiro, mércores, a partir das 18:30, no pavillón dos deportes de Verín, celebrarase a Gala “Show dos paiasos”, na que haberá música, os personaxes preferidos polos máis peques e concursos. Non faltarán as sorpresas e diversión para todos.