O Nadal Parc cumple 10 anos.

Monólogos e contacontos, no Nadal de Allariz

O Concello de Allariz xa presentou a súa programación para este Nadal. Dez anos contemplan ao Nadal Parc que estará ubicado no pavillón do instituto do 26 ao 30 de decembro e os días 2 e 3 de xaneiro. O prezo da entrada dun día será de 2 euros (con tarxeta de cidadán) e de 3 (sen tarxeta de cidadán). Tamén poderase mercar un bono de 8 (con tarxeta cidadán) ou 15 (sen tarxeta cidadán) euros.
A Casa da mocidade (do 21 de decembro ao 5 de xaneiro) e o Fogar do maiores (do 14 ao 21 de decembro) tamén contarán con diversas actividades.

Programación
En canto á programación, esta ten o seu epicentro na Casa da Cultura e comeza o día 17 (domingo) co concerto de Nadal, ás 12:30 horas, a cargo da Banda de iniciación e Banda Nova da unión musical de Allariz. Tamén o día 17, ás 18 horas, teatro coa obra De cando Valentina era mala.

Os monólogos estarán moi presentes na programación. Así, o venres 22 Alberte Montes actuará ás 22:30 horas e ao día seguinte será o truno de Luís Zahera á mesma hora, ao igual que Lois Pérez que actuará o día 29, e Ledicia Sola e Carmen Méndez, que o farán o sábado 30.

O mércores 27, concerto de Paco Nogueiras quen presentará o seu libro CD “Bulebule” ás 19:30 horas. O sábado 30, na Galería Circular Felipe Díaz traerá o contacontos “O apalpador conta con vós”.
Allariz despide o ano coa súa carreira solidaria “A derradeira”.Desde a praza Maior, a infantil dará comezo ás 10 e a de adultos, ás 10:30 horas.

Xaneiro chega co Paxe real o mércores 3, ás sete da tarde no pavillón do instituto. O día 5, osReis Magos visitan a vila a partir das 18:30 horas na Alameda e o domingo 7 remata a programación deste Nadal co concerto do Coro de mulleres de Allariz e Rondalla Nova Xeración de Barbadás, ás 19 h na Casa da Cultura.