O Concello de Xinzo de Limia ofrece unha variada programación de Nadal, na que estarán presentes os Bolechas. Estos divertidos personaxes (que fan as delicias dos máis cativos) estarán na vila o sábado, 23 de decembro, a partir das 17 h na Casa da Cultura.
Pero non só dos Bolechas vivirá o Nadal de Xinzo, na ampla oferta destacan, entre outros, obradoiros (elaboración de adornos de Nadal, globoflexia e taller de cociña), representacións teatrais, concertos e, por suposto, a visita dos Reis Magos, coa cabalgata o vindeiro, venres 5 de xaneiro, con saída da Casa da Cultura e recepción real no Pazo dos Deportes; previamente, o xoves día 4, estará o carteiro real na praza Maior desde as cinco da tarde.
Unha masterclass de spinning con Papá Noel o domingo 24 -ás 17 h- ou un flashmob de funki, capoeira, mini zumba e fusion fitness -nas rúas comerciais ás 12 h- tamén forman parte da programación.
Nos pobos do concello (Gudín, Laroá, Parada, Piñeira, Boado, Pena, Mosteiro, Ganade, As Lamas e Morgade) e na residencia Santa Mariña poderán gozar do “espíritu do Nadal” no que a asociación Aneis levarán a todos eses lugares contacontos, xogos e un paxe real.
Ano Carlos Casares
O venres 22 chega un momento especial, ese día -a partir das 20 horas na Casa da Cultura- terá lugar a gala de clausura do ano Carlos Casares. No acto entregaranse os premios de xornalismo literario e portada de “Vento ferido”. Para pechar o acto haberá un concerto da Coral de Ruada.
Limialandia
O parque de ocio Limialandia estará ubicado no pavillón municipal do 23 de decembro ao 7 de xaneiro.