Os máis pequenos de celanova terán o seu protagonismo neste Nadal. Un ano máis a Fundación Curros Enríquez colabora na programación de Nadal co Concello de Celanova.
A partir do 22 de decembro chegarán os xogos, teatro, danza e manualidades coa Creaoteca de Nadal. Terá lugar ata o 5 de xaneiro de 11 a 13 na Casa dos Poetas. Destinados a nenos de entre 4 e 12 anos poderanse anotar no 646 026 421 ou a través do correo fundacion@currosenriquez.es.
Outras actividades
O venres, 16 de de-cembro, realizarase unha visita teatralizada por Vilanova dos Infantes ás 19 horas. Outra sesión teatralizada, pero neste caso nocturna polo Mosteiro de San Rosendo, terá lugar o 29 de decembro ás 21:30 previa inscrición e polo prezo de 5 euro a entrada.
Os días 17 e 18 de decembro organizarase a Feira de Nadal coa visita de papá Noel.
Do 15 ao 27 de decembro poderase visitar na sede da Fundación Curros Enríquez a mostra ‘Esperanto. Un planeta por decubrir… unha lingua para facelo’, organizada pola Federación Española de Esperanto e formada por 15 paneis con contidos sobre o esperanto e o seu creador, o Dr L.L. Zamenhof, do cal se celebra o 100 aniversario. O día 26, ás 19 horas, acollerase unha charla de clausura a cargo de Jose Antonio del Barrio, presidente da Federeación Española de Esperanto.
A visita do Reis Magos tamén está asegurada na vila de San Rosendo.