O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor fixo entrega de equipamento de emerxencia ás Agrupacións de Protección Civil de varios concellos da provincia de Ourense, que contan cun investimento de 78,300 euros por parte do Goberno galego.
Concretamente, Luis Menor entregou cinco remolques de emerxencias para os concellos de A Mezquita, Rairiz de Veiga e Toén, e as Agrupacións de concellos de Cualedro-Monterrei e Nogueira de Ramuín-Xunqueira de Espadañedo, grazas as axudas da orde en réxime de concorrencia competitiva, de equipamentos de emerxencias, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupación de concellos galegos, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder- Galicia 2014-2020.
Este equipamento forma parte dun ambicioso plan de mellora dos medios materiais dos que dispón a Comunidade Autónoma de Galicia e que permitirá mellorar a eficacia das actuacións na prevención de riscos e nas intervencións nas emerxencias.