O Entroido é o tema principal deste número, no que aparece un especial sobre o mesmo cos entroidos máis destacados da provincia.
A Eurocidade Chaves-Verín aproba o seu orzamento para 2018 en 300.000 euros. Verín e Cruz Vermella únense en proxectos sociais. Oímbra presenta unha APP na que se pode ver a súa historia e viticultura. Ademais, a A Xunta local de seguridade da comarca de Monterrei fai repaso de 2017 con bos datos de seguridade cidadá.
A Xunta actúa en 14 puntos de Maceda nos que existen vertidos incontrolados. Allariz reciclou máis en 2017 que no ano anterior. Mentres, Paderne de Allariz busca saídas para o agro.
Na Limia, a Deputación apoiará aos produtores de pataca, nos ámbitos da promoción e as infraestruturas das explotacións. Xinzo pechou o ano Carlos Casares. Sarreaus, Sandiás e Trasmiras contan cun novo tractor financiado pola Xunta.
En Celanova abriuse o prazo para anotarse no III coworking. A cultura é mellor medio para achegarse á vila de San Rosendo. Cartelle aúna esforzos coa Xunta para loitar contra os lumes.
O Concello do Carballiño moderniza a praza de Abastos co apoio da Xunta de Galicia. “El último ke zierre”, será cabeza de cartel na primeira Romaría Rock do Arenteiro. Presentouse en Fitur o xeodestino O Carballiño – O Ribeiro.
A Xunta entrega á Deputación os contedores de envase e papel para toda a provincia. Manzaneda busca unha tempada de esquí máis longa xerando neve artificial.
Todos estes temas e máis, podes lelos no seguinte enlace.