A publicación saca en portada ao COB que leva unha racha de catro vitorias consecutivas. Tamén facemos referencia ao partido de cuartos de final da Copa Galicia de fútbol sala que enfronta nos Remedios ao Sala Ourense contra o Parrulo. Ademais facémonos eco do derbi ourensán de Primeira división entre Ourense Envialia e Cidade das Burgas con vitoria das primeiras.
Oito ximnastas do Club Ximnasia Pavillón despídense da competición, polo que se pecha un ciclo en Ourense nesta disciplina. En salvamento acuático, sete primeiros postos para o Salvour na Liga galega e bronce de Hugo Estévez no galego en categoría infantil. Chuvia de metais para os máster do CNPO no Campionato de Galicia de natación.
En fútbol, a UD Ourense mantense en postos de ascendo, seguido moi de preto, a un punto, polo Bande. Nogueira e Ribeiro deben loitar pola salvación. Na Terceira, o Barco mantén o pulso cos de arriba, mentres Ourense CF e Arenteiro están na zona tranquila e o Barbadás busca a permanencia.
Benchoshey e Xadrez Ourense, os máis laureados nos provinciais de xadrez. O Hemisferios Ribeira Sacra de voleibol vence con contundencia ao Universidad de Burgos e alónxase do descenso. Morán e López lévanse o I Trofeo Moonboard de escalada. A pista cuberta acolleu os galegos absoluto e máster con boas actuacións locais. O Campus Ourense Rugby mantén a racha de vitorias na casa e derrotas fóra.
En ciclocros, Carlos Canal, campión de España e décimo na Copa do Mundo de Nommay. Xornada de escalada do Club Alpino Ourensán. E La Vuelta regresa a Ourense.
Natación, esquí, balonmán, judo, e máis no número 172 do Barrios Deportivo.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha