A asociación de comerciantes e empresarios de Maceda organiza o primeiro concurso de tapas de Entroido da vila 2018, coa finalidade de promover o movemento e a participación tanto de empresarios como de clientes asiduos aos establecementos. As datas do concurso son os días 26, 27 e 28 de Xaneiro e o 2, 3 e 4 de febreiro de 2018.
O establecemento máis votado será o gañador do concurso.
Os participantes terán que cubrir os seus datos xunto con un teléfono de contacto e así entrarán nun sorteo que se realizará no local da asociación de comerciantes.
Sortearanse 3 cheques regalo valorados en 80€ cada un, os cales solo se poderán canxear nos establecementos pertencentes á asociación de comerciantes de Maceda.
Entregaráselle unha cartilla a cada cliente, a cal irán sellando nos establecementos participantes, unha vez cuberta nun mínimo de 8 establecementos, tenrán que puntuar a tapa que máis lle guste, para eso, haberá un espacio habilitado na cartilla para designar a tapa gañadora.
O horario para probas os pinchos será de 19 a 23 horas.