O Cineclube Padre Feijoo programa dentro do ciclo «Imaxinario» o seu primeiro anime xaponés na Biblioteca Pública de Ourense. Your Name, de Makoto Shinkai.
Makoto Shinkai considerado por moita da crítica internacional o principal sucesor do mestre Hayao Miyazaki, do que é fácil rastrear a sua influencia nos trazos das personaxes, a descripción das paisaxes e o interés pola vida cotidiana nesta ocasión da vida moderna, tanto urbana como rural.
A historia centrada nunha parella de adolescentes que a causa dun fenómeno astronómico ven como os seus corpos e vidas son intercambiados. Película apta para todolos publicos
Os pases serán ás 20.30 e 23.00 horas, e o prezo é de 2 euros (asociados) ou 2.5 euros (publico xeral). Apta para todolos publicos
Argumento
Taki e Mitsuha descobren un día que durante o sono os seus corpos se intercambian, e comezan a comunicarse por medio de notas. A medida que conseguen superar torpemente un reto tras outro, vaise creando entre os dous un vínculo que aos poucos convértese nalgo máis romántico.
«Your Name» foi un éxito rotundo a nivel de taquilla, colocándose como a cuarta película máis exitosa da historia en Xapón (por detrás de «A viaxe de Chihiro», «Titanic» e «Frozen»)
Seguindo co ciclo «Imaxinario», o mércores 31, proxéctase «Unha muller fantástica», de Sebastián Lelio.
O prezo será de catro euros (asociados) ou cinco euros (publico xeral); e os pases serán ás 18.00, 20.30 e 23.00 horas, tamén na Biblioteca Pública.
Argumento
Marina (Daniela Vega), unha moza camareira aspirante a cantante, e Orlando (Francisco Reyes), vinte anos maior, planean un futuro xuntos. Tras unha noite de festa, Marina lévao a urxencias, pero el morre ao chegar ao hospital. Ela debe entón enfrontarse ás sospeitas pola súa morte. A súa condición de muller transexual supón para a familia de Orlando unha completa aberración. Ela terá que loitar para converterse no que é: unha muller forte, paixonal… fantástica.
Sesión especial
O venres, 2 de febreiro, haberá unha sesión especial coa película O canteiro de Sebil.
Homenaxe audiovisual a Xohán Xesús González, que naceu en Sebil (Cequeril –Cuntis) en 1895 e traballou de canteiro. Trasladouse a Compostela, onde estudou dereito e gañou un nome no mundo do activismo político, sendo impulsor e fundador de numerosas iniciativas en practicamente todos os eidos: dende a docencia ao xornalismo pasando polos ámbitos culturais e mesmo sindicais. Tralo Golpe de Estado de 1936 púxose á fronte dun grupo de cincuenta obreiros de Teo, coñecido como O Terzo de Calo, que se dirixiron cara a Compostela para defender a legalidade republicana.
Luns de Filmoteca en febreiro
E continuando cos «luns de filmoteca», o día 5 de febreiro chega O cristal escuro, de Jim Henso e Frank Oz. Haberá un único pase ás 20:30 horas a un prezo de 2 ou 2,5 se se é asociado ou non.
Cristal escuro
Dirixido por Jim Henson e Frank Oz · (1982)
Cando hai mil anos o Cristal Escuro foi danado por un Urskek, o caos e a confusión estendéronse por todo o planeta. Se ninguén repara o cristal, o demo Skekses dominará a Terra ata o fin dos tempos. Será Jen, o derradeiro supervivente dos Xelfings, quen tente devolverlle ao cristal o seu poderoso resplandor.
120 pulsacións por minuto
Para o mércores, 7 de febreiro, a película, dentro de «Imaxinario» será 120 pulsacións por minuto, de Robin Campillo. As horas son ás 18 e 21 h. a prezo de entre 4 e 5 euros.
A recadación da sesión das 21 horas, será destinada ao Comité cidadán antisida de Ourense
París, comezos dos anos 90. Un grupo de mozos activistas tenta xerar conciencia sobre a SIDA. Un novo membro do grupo, Nathan, ficará sorprendido ante a radicalidade e enerxía de Sean, que gasta o seu último alento na loita.