O partido dispútase no polideportivo Pisuerga este venres ás 20:45 horas.

O COB buscará a terceira consecutiva ante Valladolid

O Rio Ourense Termal buscará coa segunda mellor racha de vitorias desta tempada. A primeira levouno a encadear cinco triunfos consecutivos e nesta xa leva dous; a terceira pasaría por gañar este mesmo venres no polideportivo Pisuerga (a partir das 20:45 horas) ao Valladolid nunha nova xornada da LEB Ouro -a 24ª-. Para elo, terá que superar a baixa de Roope Ahonen que non estará por estar coa súa selcción nunha nova ventá.

As dinámicas dos dous equipos son contrarias. Por unha banda os casteláns suman unha vitoria nos últimos catro encontros, mentres que os ourensáns suman tres nas mesmas xornadas. A pesar diso, o equipo que dirixe Paco García está en postos de playoff, é sétimo con 11 vitorias e 12 derrotas. Pola contra, o COB é 15º con 8 vitorias e 15 derrotas.

O Valladolid ten moi preto a salvación, que é o obxectivo principal do club. A gran primeira volta fixo que se achegaran ao obxectivo moi pronto, pero falta refrendalo. Por is serán un equipo moi complicado esta xornada, xa que unha vitoria suporía un alto porcentaxe da permanencia acadada. A vitoria do Rio Ourense Termal significaría saír do pozo e ter máis preto a ansiada salvación.

Xornada
En canto ao resto de equipo que o COB debe de seguir esta xornada o Barça recibe a Araberri, o Palma visita a Manresa, Sammic fai o propio con Cáceres e o Clavijo desprázase a Melilla.