A portada deste número trata sobre a folga indefinida na xustiza galega. Ademais, varias novas do AVE chegaron este mes. O COB está nun momento excepcional que o poder levar a asegurar a permanencia. A entrevista deste mes é a Martiño X. Vázquez, voceiro do grupo Ourense en Común e candidato ás primarias da formación para as eleccións de 2019.
Rodríguez, Soto, Varela e Carballido, inhabilitados por prevaricación administrativa. OueC propón aparcamentos en batería en José A. Nieves Conde. DO fai unha moción sobre o xardín Xaponés. A AVV As Termas solicita a reparación de beirarrúas.
Na Valenzá cambiarase o céspede ao campo de fútbol dos Carrís coas aportacións económicas de concello e deputación. Barbadás celebrou o Barbacán cunha gran afluencia de público.
Ourense é o único concello elixido para participar no programa Emprega Verde, dentro da liña de fomento do autoemprego no sector ambiental. María Jesús Pato Díaz, premio Clara Campoamor deste ano. Alberto Canal presenta o seu libro “O trapecista da malla de rombos”.
Recuperan áreas queimadas en Cualedro para o pastoreo. O mosteiro de Santa Cristina sofre obras de restauración e rehabilitación. En deportes, España cae ante Portugal no estadio do campus nun amigable de rúgbi sub 20.
Clasificados, artigos, axenda e máis, neste novo número de Ourense por Barrios.
Todos estes temas e máis, podes lelos no seguinte enlace.