No marco da “III Edición Especial Deportes do Lázaro”, o Concello de Verín programa cinco importantes eventos deportivos, durante os días 17 e 18 de marzo, coa finalidade de devolverlle ao Lázaro o seu antigo esplendor ofertando actividades deportivas, para todas as idades, que incorporen un novo público a estas tradicionais festas.
Natación
O vindeiro sábado 17 de marzo, as 10:30 horas, celebrarase na Piscina Climatizada de Verín o tradicional Torneo de Natación do Lázaro.
Nesta edición do torneo participarán equipos procedentes de diversos puntos da provincia e do norte de Portugal: a Piscina climatizada de Allariz, Piscina climatizada de Xinzo de Limia, BeOne de Ourense, o Club Flavitus de Chaves e o Club Natación Verín.
A convocatoria vai dirixida a nadadores de ambos sexos, sen licenza federativa en vigor, que competirán na categoría de prebenxamín (nados/as nos anos 2011 e 2012), benxamín (nados/as nos anos 2009 e 2010), alevín (nados/as nos anos 2007 e 2008), infantil (nados/as nos anos 2005 e 2006), e cadete (nados/as nos anos 2003 e 2004); e nas seguintes probas: costas, croll, braza e relevos.
As inscricións deberanse facer por correo ordinario no enderezo: PISCINA CLIMATIZADA DE VERÍN, praza Dnª Carmen Estévez, s/n, 32600 Verín, Ourense, ou ben por correo electrónico. Na inscrición deberá constar o nome e apelidos do nadador, data de nacemento, grupo ao que pertence e probas nas que participa. ( Telf.: 988 414 184 – 609 888 618 ).
Carreira urbana
O domingo 18 de marzo, ás 10:30 horas, terá lugar a “III Carreira do Lázaro” cuxo percorrido discorrerá por la zona da Preguiza, Vilela e o Casco Antigo de Verín.
A carreira está organizado polo Concello de Verín, a Asociación Ruta das Augas e o Club de Atletismo Fontes do Támega coa colaboración de Aever, Inorde, Horto Flor Verín, Cabreiroá, Deputación de Ourense, Losada Rotulación e Multisport Verín.
As inscricións poderán formalizarse até xoves dia 15 de marzo ás 00:00 horas na tenda Multisport Verín (rúa Irmáns Moreno) ou mediante correo electrónico dirixido a clubeatletismofontesdotamega@gmail.com indicando nome completo e data de nacemento.
Xunto co dorsal de participación, que se entregará a partir das 9:00 h na Praza García Barbón de Verín, entregarase un vale que permitirá o uso do aparcadoiro subterráneo da praza do Concello de Verín durante toda a mañá deste día.
A organización porá a disposición dos corredores duchas e vestiarios para os participantes e a entrega de premios está prevista no Polideportivo A Granxa ó remate do evento.
As categorías participantes son:
– Cadetes (Anos 2003-04) Saída 10:45h. Unha volta ó circuíto A, 4400m
– Infantís (2005-06) Saída 11:30h Tres voltas circuíto B, 2250 m
– Alevín (2007-08) Saída 11:45h Dúas voltas circuíto B 1500m
– Benxamíns (2009-2010) Saída 12:00h Unha volta circuíto B 750 m
– Prebenxamíns ( 2011-12) Saída 12:15h 100 m, ida e volta no circuíto C.
– «Pitufos» (menores de 2013) Saída 12:30h 50m circuíto C.
Inscricións, entrega de dorsais e de premios anunciada por megafonía.
– TELÉFONOS DE CONTACTO: 988 41 44 23/ 988 411 226 / 676 966 258
– EMAIL DE CONTACTO: clubatletismofontesdotamega@gmail.com
BTT
O domingo 18 de marzo, ás 10:00 horas, terá lugar a III Ruta BTT das Festas do Lázaro. organizada polo Concello de Verín coa colaboración do Concello de Laza, Bicicletas Matías, Deputación Provincial de Ourense, Hortoverín S.L, Spacialized, Nutrisport, Pololar, Augas de Cabreiroá e as Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín e Laza.
A terceira edición da ruta, con saída na Praza García Barbón, terá un percorrido de 47 km (10 horas) e está considerada de nivel medio. A retirada de dorsais terá lugar, de 9:00 a 9:30 horas, o propio día 18 de marzo na Praza García Barbón. Os participantes contarán con duchas e avituallamento.
A maiores da ruta larga, programouse unha ruta opcional de 20 quilómetros, enfocada ao goce familiar, e que suprime os tramos de maior dificultade.
Para participar será necesario inscribirse, de maneira gratuíta, a través dos portais web sportmaniacs e Bicicletas Matías, vía mail en Javier@bicicletasmatias.com ou nos teléfonos 649439934/988411876.
O finalizar a proba, por cortesía de Bicicletas Matías, realizarase o sorteo de diverso material especializado todas as persoas que rematen devandita proba, ás 16:30 horas na Praza García Barbón.
Consulta a ruta no seguinte enlace: https://es.wikiloc.com/rutas-outdoor/iii-ruta-btt-lazaro-2018-22955506
Pitch & Putt
Este ano, como novidade, terá lugar o sábado 17 de marzo o primeiro torneo de Pitch & Putt do Lázaro.
A competición, disputarase nas instalacións de Verín Pitch& Putt (Os Remedios) a 18 foxos stableford con premios aos primeiros clasificados de cada categoría. Está confirmada a presenza de xogadores do TOP-20 de toda Galicia, co que espérase un gran nivel de xogo no torneo.
O chamado Pitch and putt é un deporte amateur moi similar ao golf, pero no que os foxos están máis próximos que neste último. O obxectivo do pitch & putt, do mesmo xeito que o golf tradicional, é xogar o campo ou percorrido de 18 foxos, desde o lugar de saída ata introducila no foxo, no menor número de golpes posible, respectando as regras do xogo.
Para participar no campionato será necesario inscribirse a través dos teléfonos 608887035 ou 609824943, ou ben vía mail competicion@pitchandputtgalicia.com.
Fútbol
A área deportiva de A Granxa acollerá o vindeiro sábado 17 de marzo, a partir das 19:30 horas, un Torneo de Fútbol de Veteranos, no que participarán o G.D. Chaves e Verín C.F.