Entre as actividades tamén contarase con conferencias.

Cinco procesións na Semana Santa do Carballiño

A Cofradía da Veracruz amplía a cinco as procesións que se celebrarán no Carballiño durante a próxima Semana Santa. Pero non será a única novedade do programa relixioso-cultural desta asociación, senón que voltará ao atrio do templo a magnífica mostra “A Paixón según Playmobil 2.0”, que este ano contará cunha catedral de grandes dimensións e máis de 3.500 pezas coformando edificios, rúas e escenas propias de Semana Santa. Incluso haberá unha pulpeira.

O programa contempla un gran número de actos relixiosos e culturais, no que destacan cinco procesións, oito actos litúrxicos e un ciclo de catro conferencias, ademáis da exposición “A Paixón según playmobil 2.0”. O domingo, 18 de marzo, ás 12,00 h., no templo da Veracruz, terá lugar o pregón.

Así mesmo, durante os actos litúrxicos e procesións contarase con diversas agrupacións musicais. Entre elas, corais (Orfeón do Carballiño, Coral da Capela Madrigalista de Ourense, Coro de Voces Brancas do Orfeón Unión Ourensá, Coro do IES Chamoso Lamas do Carballiño) e bandas como a da BRILAT, Real Banda de Gaitas de Ourense e Banda de Gaitas de Guillarei.

PROCESIÓNS
– Procesión Litúrxica de Ramos (25 de marzo, Domingo de Ramos, Praza da Veracruz).
– Traslado da Virxe Doorosa (23 de marzo, dende a Igrexa Vella ata a Veracruz).
– Vía Crucis Procesional (28 de marzo, Praza da Veracruz).
– Procesión Penitencial da Sentencia e a Misericordia (29 de marzo, Xoves Santo, dende o Asilo ao Templo da Veracruz).
– Procesión Solemne do Santo Enterro e “Dos Caladiños” (30 de marzo, Venres Santo, dende o Templo da Veracruz polas rúas céntricas da vila).

CICLO DE CONFERENCIAS
Domingo, 11 de marzo: “O Carballiño e a fe no patrimonio artístico”, Javier Limia Gardón, doctor en Historia da Arte, profesor-tutor da UNED Ourense.
Martes, 13 de marzo: “El Lignum Crucis: historia, arte e devoción en O Carballiño e o mundo”, Miguel Ángel González García, Canónigo-arquiveiro da catedral de Ourense.
Xoves, 15 de marzo: “Xenealoxía na arte de Antonio Palacios”, Rafael Otero, historiador e profesor do IES nº 1 do Carballiño.
Sábado, 17 de marzo: “O culto ás reliquias no antigo Reino Galaicoleonés”, Felipe Senén, arqueólogo e museólogo.
Todas as conferencias celebraranse na capela do Asilo ás 20 horas.