O Templo da Vera Cruz acolle ata o 1 de abril a maior exposición que se realizou nunca en Galicia con pezas de playmobil. Son máis de catro mil pezas as que conforman a mostra “A Paixón según Playmobil 2.0”, que pode visitarse calquera día en horario de mañá (10 a 13.30 h) e de tarde (17 a 19.30 h) no atrio da igrexa.
Esta exposición, promovida dentro do programa de Semana Santa pola Cofradía da Vera Cruz, obtivo un gran éxito o pasado ano, pero nesta ocasión está ampliada cunha enorme catedral gótica, un colexio e multitude de escenas novas, entre as que destacan as propias da tradición pulpeira do Carballiño, con postos de pulpeiras cocendo o pulpo e comensais degustando este produto tan consubstancial coa gastronomía carballiñesa.
Así mesmo, incorporáronse novos pasos procesionais, figuras urbanas e escenas propias da cultura galega como grupos de gaitas e oficios tradicionais. Incluso os medios de comunicación cobran protagonismo, con unidades móviles de retransmisión, entre elas, unha da Televisión de Galicia.
Coa apertura desta mostra comezan os actos de Semana Santa programados pola Cofradía da Vera Cruz, e que continuarán este domingo cunha conferencia no Asilo ás 20.30 h., a cargo do profesor e historiador Xabier Limia Gardón, falando do Lignum Crucis.