Interpretará as suites para violonchelo de J.S. Bach este xoves, 5 de abril.

Iagoba Fanlo, no Enclave de Cámara

Iagoba Fanlo interpretará as suites para violonchelo de J.S. Bach na vindeira cita do Enclave de Cámara, que será este xoves, 5 de abril, no Teatro Principal de Ourense a partir das 20:30 horas.

O prezo das entradas irá dos 5 aos 8 euros. Entradas online á venda en www.ataquilla.com e na billeteira do teatro 2 horas antes do concerto.

O V ciclo de música “Enclave de Cámara” presenta, á volta da semana santa, o chelista donostiarra Iagoba Fanlo, xefe do departamento de corda do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e colaborador docente da Royal Academy of Music de Londres, interpretarando tres das seis suites para violonchelo que Johann Sebastian Bach compuxo ao redor do 1720.

Fanlo, que actúa cun violonchelo construído en 1746 por Guillamí, ten actuado como solista nos máis prestixiosos auditorios do mundo xunto á London New Sinfonia, Saint Petersburg’s Chamber Orchestra, Euskadiko Orkestra ou a Orquestra Nacional de Panamá, entre outras. É un artista con vocación pedagóxica e cun repertorio que vai dende o barroco ata a contemporaneidade, e en 2009 ofreceu a primeira audición da obra inédita para violonchelo e piano de Pau Casals por petición da propia Fundación Casals.

Próximas citas do Enclave
Tras o recital de Iagoba Fanlo, quenda do innovador Ensemble Praeteritum, que actuará o 3 de maio en Ourense interpretando obras de Vivaldi, e do virtuoso pianista ruso Nicolai Lugansky, que pechará a tempada de cámara o 7 de xuño no Teatro Principal.