A Mostra Internacional de Teatro de Ourense (MITEU) contarán con sete países representados. Serán un total de 29 espectáculos os que se representen nos 17 días que transcorrerán entre o 12 e 28 de abril.
De Perú, Canadá, Portugal, Guinea Ecuatorial, Italia, Marrocos serán as representacións internacionais que se sumarán a outras de compañías galegas e das comunidades de Castela e León, Navarra, Andalucía, Cataluña, País Vasco e Madrid.
A primeira obra será a que traerá a Aula Universitaria Rosaura “Sen pés nin cabeza” que se representará na rúa do Paseo ás 19 horas. Ese mesmo día, ás 20:30 horas no Teatro Principal Quico Cadaval trae “Os inocentes”.
O día 28 clausurarase esta 23ª edición coa entrega dos premios “Carlos Couceiro e Begoña Muñoz” e “Suso Díaz” no Teatro Principal. Posteriormente a Aula de Teatro Universitario Maricastaña representará, no escenario do Principal a obra “As ondas das pedras no río”.
Leo Bassi
Un dos atractivos desta edición é a presenza do cómico italiano Leo Bassi. Actuará o mércores, 18 de abril, a partir das 22 horas no Teatro Principal con “O último bufón”.
Outra das compañías destacas será a madrileña Yllana, quen chega con “666” ao Auditorio o vindeiro, 27 de abril, ás 23 horas. Tamén chega Contraproducción SL -o mércores 18, ás 20.30 h- con “O tolleiro de Inishmaan”.
Escenarios
Acollerán as funcións o Teatro Principal, o Auditorio e a rúa do Paseo. No Café Auriense celebrarase un concerto do grupo galego marroquí “Tandub”. As entradas estarán a venda dúas horas antes da función no Principal e Auditorio e unha hora antes no Campus.