As Entradas xa están dispoñibles na web entradium.com.

Marisa Valle Rosso presenta o seu disco “Consciente” en Verín

O sábado, 14 de abril, Marisa Valle Roso estará en Verín presentando o seu disco Consciente. O concerto será, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Verín. As portas abren ás 20 horas e contará con artistas invitados.

Marisa Valle Roso, a gran voz da música asturiana, presenta “Consciente”, un traballo fresco, persoal, e que mantén as cores do folclore asturiano, que combinados con sonoridades contemporáneas de xéneros como o indie, canción de autor ou o pop, e a voz de Marisa, formada no canto tradicional asturiano, adquiren unha exclusiva expresión musical.

O disco, gravado entre Madrid e Asturias foi producido por Sebastián Merlin, gañador de dous grammys latinos, e o omnipresente produtor indie Charlie Bautista. As colaboracións un luxo, Víctor Manuel, Rozalen e “Pandereteres de Fitoria”.

Un total de trece cancións dan forma a un variado repertorio no que conviven versións de Chavela Vargas, Violeta Parra ou Mercedes Eslamiada, xunto a composicións de Alfredo González, Paco Cifuentes, Víctor Manuel, Pablo Carreira e a propia Marisa, estreándose así como compositora.

As entradas, que teñen un prezo único de 15 euros, xa están dispoñibles na web https://entradium.com/

Marisa Valle Roso
Con tal só 16 anos gaña os principais concursos de cantiga no apartado xuvenil e unha vez alcanzada a maioría de idade, Marisa empeza a cultivar todos os premios de maneira imparable. No ano 2009 grava “Un pasu máis” xunto ao seu irmán, un disco no que fusionan a cantiga co jazz. En 2011 grava en solitario “Do fondero l’alma”, un traballo no que Marisa deixa reflectidas as principais cancións de cantiga coas que conseguiu gañar os principais concursos asturianos. Con este disco recibe o Premio da Crítica RTPA (Radio Televisión do principado de Asturias) como mellor disco de canción asturiana
do ano.

Nesta primeira etapa musical, Marisa foi recoñecida desde o ano 2006 ata 2016 co Premio “Meyor cantadora” do ano no “Memorial Silvino Argüelles” e no ano 2009 o Premio AMAS (Anuario da Música Asturiana) no apartado de mellor voz, entre outros recoñecementos como o » Urugallo de bronce» outorgado polo centro asturiano de Madrid ou o premio «Verdes Vales Mineiros» da Fundación Mariño Gutierrez.