Entrevistamos a Manuel Casas, novo alcalde de Xinzo de Limia quen nos fala dos seus obxectivos ao fronte da corporación municipal. A UD Ourense levouse o derbi contra o Bande e continúa na loita polo ascenso a Terceira. Outra entrevista deste número é a Óscar Husillos, atleta internacional coa selección española que viu como nuns minutos quitáronlle o cetro intercontinental nos 400 metros en pista cuberta por pisar a liña do tartán.
A Xunta quere vivendas para alugueiro social no casco vello. Os propietarios interesados en vender os seus inmobles teñen de prazo ata o día 22 de abril. A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ourense pide crear un CIM á Xunta.
Motivos laborais son os culpables de que a concelleira de Ourense en Común, Ledicia Piñeiro, renuncie á súa acta no Concello de Ourense. Mentres, o PSOE solicita a nulidade da RPT.
En Xinzo de Limiar comezaron as obras da rúa da Igrexa e da rúa do Peto. Medio Rural colabora con Vilar de Santos para melloras no agro.
En deportes, o Sala Ourense acaricia o título ao vencer ao Carballiño por 2-5 e perder o seu máximo rival, o Estradense. Trala vitoria ante Manresa, o COB mantén a ilusión polo playoff. Ademais, o Sincro Ourense logra seis podios en Oleiros.
Xa están abertas as inscricións para os obradoiros en Montealegre para todas as idades. Foi presentada a ICC Week 2018 que terá lugar do 2 ao 5 de maio.
Todo isto e máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha