O anexo do Pavillón Municipal dos Remedios acollerá esta fin de semana aos mellores halteras da comunidade autónoma con motivo da celebración do Campionato de Galicia júnior e absoluto, e da 2ª Fase da XXIX Copa Deputación.
Un total de 45 atletas chegados das catro provincias galegas competirán a partires das 11 horas na proba raíña da comunidade autónoma para os atletas da categoría júnior.
O pistoletazo de saída será as 9:30 horas co pesado dos participantes. As 11 horas está previsto o inicio da proba feminina, que contará coa presenza de 13 atletas. A partires das 12:30 horas se abrirá a competición para os halteras inscritos nas categorías de mais de 56, 62 e 69 quilos, un total de 15 atletas.
As 13:30 horas terá lugar a pesaxe do resto do competidores. As probas volverán a poñerse en marcha ás 16 horas coa intervención dos halteras inscritos nas categorías de mais de 77 e 94 quilos (14) e dende as 17:30 horas será o turno para os atletas nas categorías de mais de 85 e 105 quilos (13).
O domingo as instalacións municipais acollerán a segunda fase da XXIX Copa Deputación de Ourense, que reúne aos mellores atletas da provincia.