O polifacético artista, presentador, director, e actor José Corbacho, traerá este próximo sábado, 21 de abril, ao auditorio municipal do Carballiño, o seu monólogo “Corbacho 5.0”. O espectáculo, que forma parte do ciclo Carballiño Comedy 3, comezará ás 21 horas.
Os móbiles, Internet, as redes sociais, as aplicacións máis estrañas, o whassap, os memes e a tolemia tecnolóxica que nos rodea, segue dando xogo a Corbacho para meter todo iso nunha coctelera e xuntalo con vivencias persoais e a actualidade e crear unha hora e pico de risa un ritmo endiablado.
Corbacho, un dos máis influentes personaxes da televisión, teatro e cinema de España fará gozar a todo o público con este último monologazo.
As entradas poden adquirirse de xeito anticipado nos restaurantes Comonacasa e A Fuchela, ou en www.woutick.es , ao prezo de 10 euros, ou na taquilla dende media hora antes do comezo, a 12 euros.