O circuíto de carreiras populares «Correndo por Ourense» deu comezo na súa oitava edición no barrio do Vinteún. A AVV As Termas reclama a mellora dun muro derrubado na rúa de acceso ao Tinteiro. O CD Arenteiro, do Carballiño, celebra esta fin de semana o seu 60º aniversario.
Rotas as negociacións entre a Xunta e os funcionarios de Xustiza por 12 euros. Gonzalo Caballero critica o goberno popular na cidade de Ourense na súa visita a Ourense. O Concello e CHMS abordan proxectos comúns para o saneamento e limpeza dos ríos da cidade.
O Concello abre o prazo das axudas escolares para a compra de libros e comedores escolares. La Molinera acolleu unha xornada para coñecer a xeotermia.
A reforma do xardín do Posío, a pleno en maio por unha moción de Ourense en Común. Outra das mocións do próximo pleno é a de Democracia Ourensana sobre eliminar as “prebendas” dos funcionarios do Concello.
O Carballiño celebra as Letras Galegas deste ano cunha vintena de actividades culturais. A biblioteca pública sofrirá reformas que se prolongarán durante un ano. Escolares de Coles aprenden educación vial.
En deportes, o Club Ourense Baloncesto certificou a permanencia de xeito matemático a unha xornada do remate na liga LEB Ouro. A Unión Deportiva Ourense colle o liderato cando restan cinco xornadas para o final. En Primeira división de fútbol sala o Cidade das Burgas consumou o descenso.
Este domingo Ourense celebra o Día da Danza. Nuria López gaña o premio “Carracedo” cunha serie de reportaxes emitidos na Radio Galega.
Isto e máis nas páxinas do Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha