O Concello de Paderne de Allariz acollerá o domingo, 13 de maio, a XI edición da andaina, en favor da Asociación Española Contra o Cancro.
A Deputación de Ourense colabora con este evento que aglutina “deporte, natureza e solidariedade”, sinalou Rosendo Fernández -vicepresidente da Deputación, quen explicou que se trata “dunha iniciativa que desenvolve Paderne de Allariz desde o ano 2008, ofrecendo en cada edición diferentes rutas, co fin de dar a coñecer a riqueza paisaxística da contorna”. Pola súa parte, o asesor de Deportes da Deputación destacou “o magnífico labor que desenvolve a AECC de Ourense”.
A proba ofrece aos participantes tres posibles percorridos de 23, 17 e 13 quilómetros que “discorren polos lugares máis emblemáticos do municipio”, sinalou o alcalde de Paderne de Allariz. Os interesados en anotarse poderán facelo ata o día 9 de maio cun custo de inscrición de 6 euros. A saída da proba será ás 9.00 horas desde a Casa do Concello.
Asemade, o municipio de Paderne de Allariz, tamén acollerá ese mesmo día o I Trail cun percorrido de 21 quilómetros e que comezará ás 10.00 horas desde a Casa do Concello. Os interesados en participar poderán anotarse a través da web championchipnorte.com. Neste senso, José Manuel Fernández dixo que esperaban “unha participación de 200 persoas en cada proba”. O alcalde de Paderne de Allariz, quen explicou que as rutas discorren polos lugares máis emblemáticos do municipio, dixo que se espera “unha participación de 200 persoas en ambas probas».