Nesta ocasión a portada trae unha foto de autoridades portando un selo xigante que conmemora o centenario da ponte Nova de Ourense. Pois ben, esa presentación trouxo ao ministro de Fomento, Íñigo De la Serna quen anunciou como están os proxecto do AVE para Ourense. Outra das imaxes é a un xogador da UD Ourense no último partido disputado; os unionistas teñen ante si tres finais para lograr o ascenso á Terceira división. E a terceira das imaxes tamén é sobre deporte. O Club Artai foi o mellor club dos que participaron no campionato de Galicia de kungfú moderno.
A folga na Xustiza foi interrompida coa división dos sindicatos. O alcalde busca un pacto social coas outras forzas do Concello que se prolongue ata 2025. En canto ao orzamento da cidade, OueC e PSOE presentan enmendas ao mesmo, mentres DO formulará alegacións na fase de tramitación.
Ourense conta con 26.821 persoas de máis de 65 anos. O Comsello Municipal de Deportes repartirá 680.000 euros en subvencións. O Colexio de enfermaría organizou unha xornada formativa sobre as agresións ao persoal de enfermaría.
En Xinzo de Limia, Amigos das árbores critican as podas. A Xunta fixo un reunión informativa sobre as axudas para rehabilitación de vivendas na Vía da Prata.
Clausurouse a exposición «In tempore sueborum», unha mostra que quedará para o recordo dos seus 44.299 visitantes. Deputación e Campus firman dous convenios cunha contía de 230.000 entre os dous.
En deportes, o Sala Ourense logra o ascenso á Segunda división B. A Copa Galicia de BTT dispútase en Xunqueira de Espadañedo esta fin de semana. Alex Fernández e Sonia Teijeiro foron os vencedores da III 15k nocturna de Ourense.
A cultura en Ourense chega estas datas en forma de presentacións. A Deputación acolleu a dun libro sobre Arturo Baltar e a Romaría Raigame que se celebra en Vilanova dos Infantes o vindeiro 17 de maio.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha