A portada desta edición saimos á rúa cos milleiros de fieis que acompañaron a virxe de Fátima en procesión. O río Támega, ao seu paso por Verín, deu o susto por culpa dunha vertedura que fixo aconsellar ter precaución coa auga. O Ourense Termal Athletics Meeting deixo un bo sabor de boca coa participación de gran nivel no Campus de Ourense.
Cristina Pato será a pregoeira das Festas de Ourense 2018 que irán do 23 de xuño ao 1 de xullo. Xa están adxudicadas as obras de rehabilitación de dous edificios na rúa Vilar. Democracia Ourensana acode á Valedora do Pobo queixándose do incumprimento dun acordo plenario sobre urbanismo e infraestruturas. Do 16 ao 20 de maio grandes festas no barrio do Couto. Os veciños da Farixa reclaman a mellora do firme na avenida O Regato. Un proxecto rural gaña o Galiciencia.
En Verín, o PP critica a talla de árbores na zona de Pazos. Como escribir unha primeira novela e publicala nas xornadas de novela histórica. Verín formará a coidadores de persoas dependentes cun programa informativo organizado polo Concello.
Alejandro Fernández e Sonia Teijeiro venceron na 10k de Xinzo de Limia. Disputouse en Vilamarín a segunda xornada da Liga Interclubs de hípica. Dúas xornadas de infarto agárdanlle á UD Ourense para rematar a Liga e saber se o ano que vén xogue en Terceira.
Clasificados, humor, cultura e máis, no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha