Disputarase nos concellos da Rúa, O Barco e A Veiga.

O “Desafío 42 Ourense Termal” trasládase a Valdeorras

A quinta edición da carreira “Desafío 42 Ourense Termal”, organizada por Qualité Sport Events en colaboración coa Deputación de Ourense e os concellos da Rúa, O Barco e A Veiga, municipios polos que discorrerán as probas, disputarase entre os días 19 e 20 de maio.

Os participantes percorrerán un total de 42 quilómetros nas tres carreiras. Tamén se pode un anotar nunha das tres carreiras -calquera delas- ou facer un equipo de tres correndo unha proba cada un do equipo.

Carreiras
Comezando o día 19, ás 12.30 horas na Veiga, cunha carreira de 6 quilómetros, e posteriormente, ás 20.30 horas no Barco de Valdeorras, onde se disputará unha carreira nocturna de 15 quilómetros de percorrido. Ao día seguinte, 20 de maio, ás 10.30 horas, na Rúa, terá lugar a proba máis longa, unha media maratón (21 quilómetros), co que rematará esta edición do “Desafío 42 Ourense Termal”. Previamente, a esta última proba, ás 10.00 horas disputaranse tamén na Rúa un total de cinco carreiras para nenos. Tanto na proba da media maratón da Rúa como nos 15 quilómetros nocturnos do Barco estableceranse avituallamentos nos percorridos.

O prazo de inscrición remata o 16 de maio, e os deportistas poden inscribirse a través da páxina web: www.championchipnorte.com. Máis información en: www.desafio42.com.