Un total de 7 “food trucks” ambientarán A Valenzá cunha proposta gastronómica os días 18, 19 e 20 de maio.

Barbadás Street Food. Gastronomía, música e animación infantil

Do 18 ao 20 de maio A Valenzá (Glorieta da familia) acollerá unha nova edición da “Barbadás Street Food”. 7 food trucks, procedentes da provincia de Ourense, do resto de Galicia e doutros lugares de España ofrecerán as súas propostas gastronómicas durante a fin de semana.
As persoas que participen na “Barbadás Street Food” poderán degustar un amplo abano de comidas: veganas, vexetarianas, sen gluten, menús infantís, etc. Haberá tamén produtos ecolóxicos, por exemplo carne de razas de tenreira con selo de calidade.

Un dos atractivos desa edición de “Comida na rúa” será a presencia dun camión que alberga no seu interior un forno de leña no que se elaborarán pizzas artesanais.

Na “Barbadás Street Food” participarán os seguintes food trucks: Kilómetro Fuego (cociña fusión: opción vexetarianas e sen glute; Arepa Olé (cociña caribeña: opcións vexetarianas, veganas e sen glute);Crepes & Roll: crepes doces e saladas; Mean Dogs: perritos gourmet; De La Piccola: pizzas artesas feitas en forno de leña; Gale Truck: hamburguesas de razas autóctonas galegas; Toloache: cociña mexicana.
Tamén participará o establecemento ubicado na Valenzá Toffee Glass con doces e postres caseiros.

Música e máis
O apartado musical, “Barbadás Street Fest”, comprende as seguintes actuacións: MCarballo Band (venres ás 21,30 h); Daniel Minimalia (sábado ás 20,00 h); 33 RPM (sábado ás 21,30 h) e Soul & Roll o domingo ás 20,00 h.
O domingo día 20 de maio haberá animación infantil a partir das 12,30 do mediodía: música, xogos e obradoiro de pintura.
Unha das novidades desta nova edición é a colaboración coa asociación animalista ALMA (Asociación de Ladridos e Maullidos Adoptables), con sede no municipio de Barbadás.
O artista Daniel Minimalia doará a esta asociación os donativos en metálico ou en especies (piensos, por exemplo) que os asistentes ao concierto deste artista queiran aportar para colaborar con este colectivo cuxo obxectivo é protexer aos animais abandoados ou que viven en colonias.