A carreira dispútase o sábado 26 de maio.

A segunda cita do “Correndo por Ourense” tomará o barrio do Couto

Un mes despois da primeira cita da oitava edición do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” chega a segunda. Esta desprázase do barrio do Vinteún ata o do Couto. Este sábado, 26 de maio, en xornada nocturna, as rúas deste barrio encheranse de atletas e de afeccionados pola celebración das catro carreira que se disputan cada xornada. O número de anotados superan os 1.200.

Catro carreiras que serán, seguramente, cinco debido a que a numerosísima participación dos máis pequenos fai que a categoría pitufos se divida en dous. Así, ás 22 horas dará comezo este evento cos máis cativos entrando en acción percorrendo unhas ducias de metros. Para as 22.10 horas serán os benxamíns e alevíns os que fagan un percorrido de 1.200 metros. Os infantís e cadetes serán os seguintes; en torno ás 22.15 horas terá que completar unha distancia de 2.400 metros. Rematarase coa carreira absoluta -resto de categorías-, ás 22.30 horas, que deberán dar tres voltas realizando unha distancia total de 6.100 metros.

Na categoría absoluta lideran a clasificación Pepe Márquez (Adas Proinor) e Begoña Domínguez (Atletismo Arenteiro) en categorías masculina e feminina, respectivamente.

Rúas
As rúas polas que percorrerán as carreiras son: Ervedelo, Juan de Anges, Remedios, Antonio Puga e Dalí.