Disputarase o 2 de xuño.

Muíños será a sede do Campionato de Galicia de piragüismo escolar

Máis de medio millar de nenos participarán o vindeiro 2 de xuño no “I Campionato galego de piragüismo escolar “Xogade-Muíños”, que se celebra neste municipio ourensán, contando co apoio da Deputación de Ourense.

Un evento que, segundo destacou o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, “salienta o potencial natural e de infraestruturas con que conta a nosa provincia para os deportes acuáticos, xa que dispoñemos das mellores láminas de auga de Europa e unhas instalación en Laias, Castrelo de Miño, Arnoia e Muíños que permiten combinar a práctica de actividades deportivas de lecer e de alto rendemento”.

Disputaranse probas de diferentes categorías e comezará ás 10 horas, centralizando toda a actividade nas instalacións deportivas do Corgo, en Muíños.