O proxecto Erasmus + Mellorando as aptitudes e competenzas claves na FP coordinado por APAGA, brindou a oportunidade ao profesorado do IES García Barbón e do IES Francisco de Goya de Murcia de participar nunha movilidade en Zagreb, Croacia, co obxectivo de provocar cambios en términos de modernización e apertura internacional nos Centros.
Durante unha semana os docentes dos dous países avaliaron propostas para tratar de ofrecer maiores oportunidades aos grupos sociais máis desfavorecidos que cursan programas de Formación Profesional, orientadas a favorecer o seu futuro desenvolvemento profesional. Parellamente profundizaron no coñecemento dos sistemas educativos de ámbolos dous países intercambiando estratexias de xestión das distintas ensinanzas de FP coa finalidade de incrementar a motivación e satisfacción no traballo entre os propios docentes. Un valioso intercambio profesional nun ambiente distendido no que se agarda involucrar aos alumnos en vindeiras convocatorias.