A portada trae o recén inaugurado o Campus da Auga que estará operativo no vindeiro curso. En celanova andan coa rodaxe do último filme da directora Isabel Coixet, «Elisa e Marcela». Allariz despediu a Festa do Boi ata o ano que vén. E a entrevista desta semana e con Modesto García, presidente da Unión Deportiva Ourense.
A Xunta insiste en que a senda de Reza será de uso peonil e gozará de total seguridade. Os veciños de Reza presentaron no Rexistro Xeral do Concello de Ourense 1.000 sinaturas en contra do actual proxecto de senda peonil. A Xunta de Galicia vén de publicar a licitación do concurso de ideas para o proxecto do deseño do edificio e entorno destinado ás dependencias do centro de atención a persoas con discapacidade en Ourense (CAPD). O Concello pospuxo as actividades ao aire libre da Semana do Medio Ambiente para a semana que vén por mor da chuvia.
En A Valenzá celebra do 7 ao 10 de xuño as súas festas na honra a San Bernabé, na que as orquestras punteiras de Galicia estarán presentes durante unhas xornadas que haberá actividades para todas as idades. A perruquería JM acada o premio á súa traxectoria.
Os máis pequenos de Celanova, comprometidos co medio ambiente rexenerando unha zona queimada. O Xeodestino une a 15 concellos da Baixa Limia e Terras de Celanova para buscar sinerxias no turismo, deporte e gastronomía, entre outros. Ata o 30 de xuño a Casa dos Poetas en Celanova acolle unha mostra de traballos manuais de Lorena Quintas, veciña de Allariz.
O erotismo prántase no Festival Internacional de Xardíns de Allariz. A vila alaricana será o escenario da primeira edición do Festival do RIR 5 ao 9 de setembro.
En deporte facémonos eco da II Milla urbana solidaria que terá lugar pola rúa do Paseo o domingo, 17 de xuño. Nas páxinas centrais traemos o calendario do Mundial de fútbol de Rusia 2018. A fase de grupos os cruces e todas as selección neste calendario que ademais conta co horario (hora en España) de todos os encontros.
Todo isto e máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha