Comezan este sábado 23 de xuño.

As Festas de Ourense traen 39 concertos en nove días

As Festas de Ourense que chegan este sábado, 23 de xuño, e rematan o domingo 1 de xullo , chegan con 39 concertos (na praza Maior, as prazas de San Martiño e do Ferro, a Alameda do Bispo Cesáreo e o Xardín do Posío) e máis de 90 actividades “para todas as idades e sensibilidades”, asegurouno o alcalde da cidade, Jesús Vázquez na presentación do programa. O rexedor incidiu que estas festas fan fincapé na “música feita made in Galicia”. “Concertos, atraccións, actividades infantís, teatro de rúa, propostas gastronómicas e un intenso calendario de citas deportivas farán que cada día teñamos unha chea de opcións para escoller”, incidiu Vázquez.

A cativada volverá a ser protagonista do teatro programado na praza do Bispo Cesáreo; entre o 25 e o 29 de xuño haberá actuacións en horario de mañá e de tarde.

Pregón
Este ano o pregón correrá a cargo da artista Cristina Pato -o sábado ás 22 horas- para xusto despois comezar cos concertos na praza Maior, nesta ocasión a cargo de Andrés Suárez.

Novidade
Como novidade, este ano terá lugar, o sábado 30 de xuño no Posío, o espectáculo Midnight Paint Party, un evento que aposta por unha mestura da música de recoñecidos DJ’s con actividades de pintura.
O que non será novidade, xa que están instauradas nas festas, son o Ourense Street Foud (todos os días na Alameda Bispo Cesáreo), a Feira Medieval (do 28 de xuño ao 1 de xullo no centro histórico), o Ourense Dance (venres 29 no xardín do Posío) ou o Enofestival do sábado 30 nas Burgas.

Barracas
As barracas volverán a instalarse na contorna do pavillón dos Remedios aínda que están pendentes dos informes pertinentes para o seu visto bo.

Aquí tes o enlace para descargarte o programa das Festas de Ourense 2018. Pincha