Varios anos despois chega a segunda edición do festival FAX, esta regresa o 28 deste mes, no parque do Toural.
Na presentación, estiveron presentes o alcalde de Xinzo e os concelleiros de Cultura, Obras e Educación,ademais dunha representación de Limisi, asociación para que ao igual que na edición pasada irá a parar o 30% da recadación das entradas.
O lugar, segundo Freiría, o responsable da organización, non pode ter un sitio mellor, reunindo todas as características e comodidades, tanto de montaxe como de desenrolo do mesmo para que tanto músicos cimo público asistente disfruten das actuacións.
Volve a ser cunha visión solidaria co 30% da recadación neta para Limisi. Cos cartos acadados na edición do 2017 axudouse a comprar unha furgoneta. Este ano outra necesidade coa que tratarán de axudar será para o gabinete educativo para os mais pequenos.
PROGRAMACIÓN
As 20 horas será a apertura de portas, mentres polas rúas de Xinzo haberá animación musical a polas rúas a cargo do co coro Aimil Folk e os da Lagoa antes de que comecen as actuacións.
O prezo será de 10 euros venda anticipada e despois 14 na billeteira. A venta on line pódese facer no portal a billeteira ou directamente nos locais de Limisi.
A banda ourensán Guezos con 11 anos de traxectoria, moi apreciada na Limia serán os que levanten o telón das actuación para a continuación achegarse ao escenario do FAX 2018 o prato forte de este ano, os madrileños Los Coronas. Este grupo de música surf, ven de actuará por todo EE.UU. e recalarán aquí arredor das 11 da noite.
Rematan con Chotocoeu, unha banda da Coruña tamén cunha longa traxectoria dende o 2017. Esta será a única actuación en Galicia.
Sobre as dúas da maña estará rematado o festival, que contará con postos de comida e bebidas para que todos aqueles maiores e pequenos queiran asistir, poidan gozar da música.
Unha novidade deste ano é que os rapaces e rapazas ata os 12 anos, non pagarán entrada. Loxicamente teñen que vir acompañados dun maior e coa autorización asinada que se pode descargar da páxina ou ven na billeteira. Tamén haberá postos de artesanía.
Haberá, comida e bebidas nas barras. Haberá temen postos de artesanía.
Os organizadores e o concello pensan que este será un ano decisivo para o futuro deste festival . Todos están apostando para que así sexa.
O orzamento global do festival rondará os 25.000 euros.