Música, auga e festa os días 27 e 28 de xullo na capital de Monterrei.

Un tobogán acuático xigante será a gran atracción da Batucada de Verín

Os días 27 e 28 de xullo celebrarase a Batucada de Verín 2018. Dúas xornadas nas que non faltarán a música, a auga e a festa para todas as idades.
A gran novidade desta edición é un tobogán acuático xigante de 60 metros que, de seguro, fará as delicias de todos os asistentes. Na presentación, a concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza, saliento que “sen dubida será a actividade estrela de esta edición da Batucada”. Devandita atracción está enfocada a un público tanto infantil como adulto e o prezo da entrada será de 5 euros por xornada completa; co pago da entrada, entregarase unha pulseira de control de acceso que permitirá ao usuario acceder ao tobogán durante toda a xornada.

Programación
Ás 11 horas do venres 27 dará comezo o “Desfile da Ludoteca Especial Batucada”, que terá como temática as profesións. A saída e a chegada será no CEIP Amaro Refojo; ao remate terá lugar a festa infantil da Ludoteca.
Pola tarde, de 16:30 a 20:30 horas, é o turno da festa acuática na praia fluvial para que os cativos, e os que non o son tanto disfruten xogando coa auga. Haberá animación musical, inchables de terra e o citado tobogán xigante.
A Batucada, na procura de que sexa tamén un escenario de difusión para a cultura local, o Concello de Verín organizou para esta edición unha “Batucada Alternativa” na que se poderán escoitar grupos de diferentes estilos. A Praza García Barbón acollerá o escenario no que a partir das 20.30 horas actuarán: o músico Brais Calles (Hang Drum e Didjeridoo) e os grupos locais Dous de Picas (Folk), Boston George (Rock), Mike Wass & Mind Archives (Electrónica).
Xa o sábado 28, ás 16:30 horas, celebrarase na praza García Barbón, coa animación a cargo de Discomóbil A Gramola, a gran festa da escuma e da auga. Ás 19 horas, comezará o “Desfile Pasarrúas da Batucada” que sairá da praza Maior e rematará no pavillón dos Deportes de Verín. Ao remate do desfile, ás 20.30 horas, na Rúa Irmáns Moreno, Enjoy Disco Móvil Jorge será a encargada da animación musical. Como fin de festa, o Grupo Gin Toni´s cerrará esta edición da Batucada cunha actuación na praza García Barbón a medianoite.

Vasos
Doutra banda, Somoza explicou que, coma o ano pasado, manterase o acordo cos hostaleiros para evitar o conflitivo uso de vasos de cristal na Batucada e evitar altercados. “Ofrecemos aos establecementos a oportunidade de instalar barras na rúa para que poidan servir bebidas en vasos de plástico”, aseguraba a concelleira.
A tenda oficial do evento (praza García Barbón de 18 a 21 horas) ten á venda material de merchandising como camisetas, fundas impermeables e mochilas.