O Concello de Verín está a instalar dous parques de ocio infantil na Praza do Concello. Ditas áreas contarán con chan de caucho e vallas metálicas para a seguridade dos pequenos así como lonas e parasoles. O obxectivo é o de recuperar a vida familiar que sempre tivo dito espazo e conseguir desconxestionar outros parques da zona.
Esta acción levase a cabo tras a retirada da fonte que presidía a praza do Concello e mentres se está á espera dun proxecto colaborativo no que se pedirá a colaboración cidadá para propor os posibles usos para este espazo.