A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) continúa coa súa colaboración coa cultura en Ourense. Neste final de ano serán varios os espectáculos nos que a axencia colabora para traelos a nosa cidade. Así, o Auditorio Municipal acollerá até final de ano 17 espectáculos froito do convenio entre o Concello de Ourense e AGADIC.
Teatro Principal
A cooperación co Teatro Principal fará que cheguen seis propostas ata final de ano.
En concreto, serán as funcións das compañías galegas Arte’n’rúa, que presentará o espectáculo do mesmo nome o 25 de novembro, e as que se desenvolverán no marco da programación infantil especial para o Nadal: Caramuxo Teatro, que estará o 27 de decembro coa obra Ela, unha homenaxe á pintora Maruxa Mallo; Eme2 Emoción &Arte, que porá en escena o 28 de decembro Contacreques; e Tanxarina Títeres, que chegará o 29 de decembro con A galiña azul, a emblemática peza de Carlos Casares.
Entroido de Verán
O Entroido de Verán do Concello de Ourense tomará as rúas do casco vello o vindeiro día 15 de setembro, a partires das 21:30 horas, cun desfile que rematará coa entrega de preto de 2.000 euros en premios e unha festa na praza do Correxidor. A actividade estará amenizada pola música de catro charangas e a actuación de varios dj’s.