O Rio Ourense Termal comezou a pretempada e con ela a presentación dos seus xogadores. O primeiro en pasar polos focos foi o xogador canadiense Javon Masters. O base asegurou ter ganas de “xogar ante a afección ourensá, mellorando día a día” no que será a súa primeira experiencia profesional. A decisión de decantarse polo COB e non por outro equipo foi “a súa história”. Na presentación estivo acompañado polo que será o seu adestrador, Gonzalo García de Vitoria, quen destacou do rookie canadiense como un xogador “nada egoísta” que “xenera para os demais”.
Traballo
O presidente do club, Camilo Álvarez, tamén estivo presente e pediu “paciencia” aos seareiros. Ademais informou que en breve sairá a campaña de socios.
Pretempada
Os partidos de pretempada comezarán para o COB este mesmo 7 de setembro contra Leyma Coruña e o sábado 8 diante do Marín, en partidos correspondentes á Copa Galicia; os dous encontros serán en Marín ás 20 horas. En caso de pasar de rolda xogaría as semifinais o domingo, 16 de setembro.
Do 19 ao 21 trasladarase ata Lisboa para disputar un torneo. o mércores 19 contra o Vitória de Guimarães; o xoves 20, fronte Melilla; e o venres 21, diante do Benfica.
Rematarán os amigables o mércores 26 na Coruña ante Leyma Básquet.