Democracia Ourensana anunciou este 3 de setembro que se presentará nunha vintena de concellos da provincia nas vindeiras eleccións municipais de 2019. Ademais de Ourense, Barbadás e Pereiro de Aguiar, onde na actualidade DO xa conta con representación nas respectivas corporacións, de cara aos próximos comicios locais o partido de Jácome tamén presentará candidatura á alcaldía de Allariz, Celanova, Xinzo de Limia, Esgos, San Cibrao das Viñas, Coles, Nogueira de Ramuín, A Merca, Paderne, Parada de Sil, A Peroxa, Taboadela, Toén, Vilamarín, Taboadela, Toén e Xunqueira de Ambía.
Así mesmo, dende Democracia Ourensana non descartan que noutras zonas se presenten candidaturas independentes baixo as siglas de DO, sempre que cumplan unhas determinadas condicións que establerá o partido de Gonzalo Jácome.
O obxectivo final desta decisión é, segundo explicou Jácome, “botar a Manuel Baltar e acabar con tres décadas de baltarismo na provincia”. Para iso, dende DO buscan manter os dous escanos cos que contan actualmente na Deputación e facerse con dous máis procedentes do PP, provocando así que os populares perdan a maioría da que gozan no ente provincial, xa que neste momento suman 14 dos 25 diputados.
Segundo os cálculos de DO precisarían 6.500 votos para lograr cada escano, por iso o seu obxectivo se centra nos 37 concellos da Xunta Electoral de Zona de Ourense, que será chave para lograr un cambio na Deputación que dende DO ven “máis que posible”.
Pero Jácome insiste en que este cambio só pode acadarse da man de Democracia Ourensana e, para iso, lembran o traballo que veñen levando a cabo na oposición tanto do ente provincial como dos concellos nos que lograron representación.
Acordos
Se o partido de Jácome acada o seu obxectivo, co PP en minoría, chegaría o momento de plantexar acordos, e non descarta facelo cos populares, a cambio da saída de Baltar e de lograr un compromiso de inversión de 10 millóns de euros para o concello da capital.
Pola súa banda, para pactar co PSOE esixirían a cabeza de Rodríguez Villarino, actual alcalde de Amoeiro e secretario provincial, se este fose o candidato socialista á presidencia, a quen dende DO culpan de rexeitar unha posible moción de censura contra Jesús Vázquez no Concello de Ourense.