De artesanía e de apicultura serán as propostas.

Mes de feiras en Allariz

Setembro é un mes de feiras en Allariz. Serán dúas as que terán lugar ao longo destes 30 días. A primeira en chegar será o mercado de artesanía “Arte de man”. Devandita feira celébrase este domingo día 9 na praza Maior e na praza de Abaixo en horario ininterrompido de 9 a 20 horas. Haberá obradoiros (iniciación ao tecido con tear, á cestería) e demostracións de encaixe de bolillos e de talla de cristal.

Apícola
O domingo día 16 a praza Maior e a de Abaixo (en caso de choiva trasladarase ao patio do museo do Coiro e á praza de Abastos) acollen a primeira feira dos produtos apícolas. O horario será de 11 a 19 horas e contará con preto de 30 postos de Galicia, León e Portugal e daranse a coñecer 50 produtos diferentes do mundo das abellas. Este evento marcará o remate do curso superior de Apicultura impartido en Allariz no que participaron máis de 40 alumnos.
Tamén haberá consulturios de apiterapia, usos e propiedades dos produtos apícolas, sanidade apícola e a tan temida vespa velutina; demostracións e a presentación do próximo curso de Apicultura.