Para voluntariado.

Regresa a xornada de convivencia

O C.D.R. “O Viso” organiza para este sábado, 15 de setembro (a partir das 10 horas), a “II Xornada de convivencia para voluntariado” nas instalacións de Lodoselo.
Para a xornada convidouse a voluntariado e profesionais das entidades sociais da comarca da Limia, entre as que destacan, LIMISI Diversidade Intelectual e Cruz Vermella Xinzo. Tamén poden acudir por primeira vez aquelas persoas que de-sexen coñecer os seus proxectos e teñan a iniciativa de participar nalgún deles.

Cursos
Tamén darán comezo en breves cursos (español básico para persoas migrantes) e programas (como o Ruralemprégate e Includere) de inclusión social.