A primeira xornada da Liga de judo definiu aos equipos que participarán en Primeira e Segunda división.
Despois desta xornada os clubs que loitarán na Primeira división son: Judo Club Avilés, Arteixo, Oleiros, Famu de Frutos A, Ingenieros Bitácora, Jiu Jitsu Coruña, Forte Parque Sport e Asalya Beya.
Pola contra a Segunda división está formada por: Shiai, Baixo Miño, Galicia Sur A, Muralla, Famu de Frutos B, Gimnasio J.k., UDC e Gimnasio Senra.
Segunda xornada
A segunda xornada terá lugar novamente en Oira o sábado, 29 de setembro. Nesta ocasión, ademais de disputarse as competicións masculinas tamén o fará a liga feminina.