O Concello de Ourense concede licenza de obra ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para o proxecto de rehabilitación do Museo Arqueolóxico.
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, anunciou que o Concello concedeu en Xunta de Goberno Extraordinaria a licenza de obra para a rehabilitación arquitectónica do Arqueolóxico, unha obra estimada en 11 millóns de euros, e que este ano xa conta con 400.000 euros nos orzamentos do Estado para a súa posta en marcha.
O rexedor explicou que despois da licitación aínda queda un período grande de obras, se ben mostrou o seu desexo de que “prácticamente despois de dúas décadas do seu peche este equipamento volva a abrirse ao público e que ao rematar no 2021 o edificio teña xa uso como Museo Arqueolóxico”.
Tamén apuntou que tanto desde o Concello como dende o Ministerio de Cultura existe a vontade de que paralelamente ás obras no edificio se desenvolva o proxecto museístico, valorado en máis de 2,2 millóns de euros, co fin de axilizar a posta en marcha do museo.