O Auriense Gaels (nome do club ao que pertence o Auriense masculino e feminino, así como o equipo mixto Afiadoras), convidan a todo o mundo ás Xornadas de Fútbol Gaélico que arrancan este domingo, día 23 de Setembro.
Estas son as actividades programadas:
Domingo 23
Partido Triangular masculino: Auriense – Dorna (Illa de Arousa) – Turomia (Gondomar)
Partido Amistoso feminino: Auriense – Turomia
Luns 24
Mesa informativa entre Facultades, coa instalación dunha portería oficial e posibilidade dun adestramento aberto.
Mércores 26
– 18 h (aproximadamente) Faladoiro: “Fútbol Gaélico, deporte en feminino”. Convidadas: Toupa (seleccionador galego feminino), Alba R. (xogadora Auriense), Alba (xogadora e adestradora E.D. Rosalía), Vicerreitoría Igualdade.
– 21 h. Adestramento aberto
Xoves 27
– Xogos, sorteos e sorpresas na zona do Campus.
Venres 28
– Adestramento aberto.
Sábado 29
– Tarde (horario a confirmar). Triangular feminino (a confirmar rivais).
– 23 h. Festa no Pueblo.
Liga
E para o domingo, 30 de setembro, queda a primeira xornada da liga masculina 2018-19. O Auriense desprázase ata a Coruña para enfrontarse ao Ártabros.