Ata final de ano acolle 40 actuacións.

Programación do Auditorio de Ourense ata final de ano

Máis de 40 espectáculos de diferentes especialidades integran a programación cultural do Auditorio Municipal de Ourense para o último cuatrimestre do ano.

A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, e o programador Manuel Freire presentaron as diferentes propostas, que inclúen música, teatro ou danza, xunto coa xa tradicional programación familiar de todos os domingos, que achegará a cativos e as súas familias as últimas producións dunha trintena de compañías, e os espectáculos para bebés. Unha programación “adaptada a todas as idades, gustos e intereses, e na que teñen cabida todos estilos”, salientou na presentación a concelleira de Cultura Belén Iglesias.

Ata final de ano amosarán no Auditorio as súas ultimas compañías como Culturactiva “Saabor!” Titizna “La zanja”, Teatro de Braga “As criadas”, Contraproduccións “Fillos do sol”, GG Producción que representará Quien conoce al señor Smith”, protagonizada por Javier Gutiérrez, La estampida con “Lo nunca que visto” ou Up-a-tree, con “Mujeres que corren como los lobos”.

O Auditorio será sede de concertos tan atraíntes como o da ourensá Marem Ladson, o nixeriano Bombino, Brothers in band, banda tributo a Dire Strais, a orixinal proposta “The Queen Symphony”, que representará versións da famosa banda de rock a cargo da Banda Artística de Meza e o espectáculo Noche Sabinera de versións do popular cantante a cargo da súa propia banda.

O Auditorio será referente tamén da danza con Miguel Aristegui ou o Ballet Nacional Ruso, que representará en Ourense Cincenta e o Lago dos Cisnes, entre outras propostas, así como as próximas edicións de certames como o Festival Internacional de Teatro FITO, Solodos e a Mostra de Teatro Infantil Moti.