A portada deste número trae o encontro de cidades termais (EHTTA) que se celebra en Ourense estes días. Ademais, Aarón Blanco e Ngagne Faye poñen rumbo ao Mundial de China de shuaijiao. E entrevistamos a Lois González, un dos pioneiros na cría de bois en Allariz.
No tema da semana falamos da residencia de Podentes -Concello da Bola- que foi desaloxada por traballadores do concello.
Na cidade, o alcalde mostra a súa preocupación pola Variante Norte. Peugeot cede un vehículo á protectora de animais Progape. O campamento “Yes I Camp” para unir xeneracións.
Ourense en Común carga contra o PP pola morosidade do Concello, o IBI e o OUFF.
Barbadás conta cunha base de datos para controlar a limpeza de parcelas. O Concello concederá axudas de ata 2.000 euros a novas empresas. Celebrouse a I Romaría Feminista con gran afluencia de público. Déronse os premios do concurso «Barbadás a bocados».
En Allariz xa está en marcha as VII Xornadas de Carne de Boi. Educación nega unha terceira aula de infantil. A vila alaricana recicla case a metade do lixo; un novo camión facilita a recollida.
Analizáronse en Celanova as novas tendencias en márketing dixital referidas ao sector turístico galego. O BNG logra aumentar a axuda á Escola de Música. A Xunta investiu máis de 107.000 euros en melloras viais en Podentes.
Regreso con triunfo de Iria Fernández no circuíto de carreiras populares «Correndo por Ourense». A liga de Primeira división de fútbol sala comezou co empate do Ourense Envialia contra o Futsi Navalcarnero. En Segunda, vitorias de Cidade das Burgas e Envialia B. O Sala Ourense, pola súa banda, logra o primeiro triunfo na Segunda B masculina.
Axenda, clasificados, ocio e cultura, artigos e máis, no número 71 de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha