Trátase dun campamento tecnolóxico.

O “Yes I Camp” une xeneracións

O Concello de Ourense presentou un novidoso e pioneiro campamento tecnolóxico e interxeracional, “Yes I Camp”. Este proxecto foi seleccionado pola Fundación COTEC entre máis de 2.000 propostas, sendo a única seleccionada dunha administración pública.
“Yes I Camp” abrirá as súas portas a 30 participantes maiores de 55 anos e a outros 18 con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos, pero que contan con coñecementos tecnolóxicos no programa “Maker Seniors”. O prazo de inscripción para os interesados está aberto e poderase facer online na web www.lamolinera.net ou ben de xeito presencial no propio edificio de La Molinera.
Segundo o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, é “unha aposta por aproveitar a creatividade e a enerxía da mocidade e conxugala coa experiencia e as habilidades dos máis maiores”.

Campamento
O campamento abrirá as súas portas o vindeiro 15 de outubro e rematará o 16 de novembro. Os alumnos terán clases catro horas diarias, tres días á semana.
Durante o campamento, os alumnos enfrontaranse a catro retos: un reto de mobilidade, outro social, a construción dun robot e o reto de que os participantes poidan contar a súa experiencia no curso utilizando todas as posibilidades tecnolóxicas e dixitais existentes.