Será este venres na quinta xornada.

O EFF Rosalía enfróntase ao Valadares B

Terceira saída da tempada para visitar o cuarto clasificado, o filial do Valladares de Vigo que xoga na 2ª división nacional, que ven de perder por tan só 1-0 contra o líder indiscutible da clasificación, o Pereiró.
Partido adiantado o venres e un novo reto para o noso xoven equipo senior contra un dos mellores equipos da categoría que seguro vai a facer que as nosas xogadoras teñan que dar todo para poder levar algo positivo de Vigo.

Polas ourensás, o equipo terá a baixa case segura de Cae Vizcaya, lesionada o pasado domingo.

Triangular
Aproveitando a visita o Campo da Gándara, os dous equipos organizan un triangular previo ao partido das sénior entre os equipos da Liga promesas, así por parte da EFF Rosalía xogaran o Promesas A e B e por parte do Valadares o seu equipo na mesma categoría promesas.