Todos os concesionarios da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, ACAUTO, participarán como expositores no 10º Salón do Automóbil que se celebrará durante dúas fines de semana seguidas en Expourense. Do 19 ao 21 de outubro terá lugar o Salón do Vehículo Novo, e dende o 26 ao 28 o do Vehículo de Ocasión. Todas as marcas aproveitarán a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara a campaña do 2019. En total, participarán 16 empresas representando a 22 marcas.
O horario do 10º Salón do Automóbil será os venres 19 e 26 de outubro de 11 a 20.30 h.; os sábados 20 e 27 de outubro de 10 a 20.30 h., e os domingos 21 e 28 de outubro de 11 a 20 h. O prezo da entrada son 3 euros por cada salón (menores de ata 12 anos entrada gratuíta).
En Expourense presentarase unha oferta completa e atractiva, que cubre todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos visitantes. O público poderá consultar nun mesmo espazo toda a oferta existente no mercado ourensán, e comparar opcións antes de decidir a compra do seu vehículo.
Sorteo
A organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun automóbil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do precio de compra do vehículo adquirido.