Todos os concesionarios da provincia de Ourense pertencentes a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O. participarán como expositores no 10º Salón do Automóbil que se celebrará durante dúas fines de semana seguidas en Expourense. Do 19 ó 21 de outubro terá lugar o Salón do Vehículo Novo, e do 26 ó 28 de outubro o do Vehículo de Ocasión. Trátase de dúas citas que están organziadas de forma conxunta entre Expourense e A.C.A.U.T.O.
Todas as marcas aproveitarán a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara a campaña do 2019. En total, participarán 16 empresas representando a 22 marcas que presentarán 30 modelos novos, algúns deles poderán verse en exclusiva por primeira vez en España.
Os participantes na presentación coincidiron en indicar a magnífica oportunidade que representan estas citas (por calidade, cantidade, variedade e prezos especiais en feira) para aqueles que buscan un coche novo, ao mesmo tempo que permitirá a renovación do parque móvil da provincia de Ourense, que ten unha media de idade de 12 anos.
Como incentivo para animar a os visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun automóbil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do precio de compra do vehículo adquirido.
O horario do 10º Salón do Automóbil será os venres 19 e 26 de outubro de 11.00 a 20.30 h.; os sábados 20 e 27 de outubro de 10.00 a 20.30 h., e os domingos 21 e 28 de outubro de 11.00 a 20.00 h. O prezo da entrada son 3 euros por cada salón (menores de ata 12 anos entrada gratuíta).
Haberá ademais servizo de ludoteca gratuíto para os visitantes.