O director técnico da AECT Chaves-Verín, Pablo Rivera e o tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, reuníronse na casa consistorial verinesa con empresarios e os axentes de turismo do barrio Norte da Eurocidade para coñecer as necesidades de formación do sector. O obxectivo é identificar as necesidades de formación dos diferentes Axentes Turísticos, e así ser capaces de formatar e implementar un programa de formación de acordo con as necesidades do destino. Esta actividade está enmarcada no proxecto “A Raia Ibérica – destino de fronteira” do cal o AECT é socio xunto con mais 7 entidades de fronteira de toda a raia Espanha-Portugal.
O obxectivo deste proxecto é establecer unha estratexia de desenvolvemento turístico para a fronteira ibérica, afectando toda a área de fronteira entre España e Portugal. A pretensión do proxecto é establecer o espazo fronteirizo nun destino turístico único, integrado e estruturado.
Un dos aspectos esenciais da estratexia de desenvolvemento do turismo é a busca pola calidade do destino. A calidade está fortemente ligada á formación de axentes de turismo, sexan eles xestores de produtos e recursos, informadores ou responsables por servizos turísticos dun territorio.
O proxecto estabelece como unha das accións principais, ampliar a formación de axentes de turismo, a fin de aumentar a profesionalización do sector e engadir valor ás propostas e servizos turísticos.
Con este obxectivo, están a ser organizadas Xornadas de Traballo, en formato de Workshops, por toda a fronteira co obxectivo de identificar as necesidades de formación dos distintos Axentes Turísticos. E así, ser capaz de formatar e aplicar un programa de formación de acordo coas necesidades do destino.
O Proxecto
Destino Fronteira é un proxecto enmarcado na primeira convocatoria de proxectos do POCTEP INTERREG V-A para o período de programación 2014-2020, e dirixido á poboación transfronteiriza da faixa ibérica entre España e Portugal que abarca 1.200 quilómetros dunha fronteira dividida entre sete provincias españolas e dez distritos portugueses para potenciar o seu desenvolvemento turístico.
Isto é, é un proxecto cun enfoque plurrirregional. O ámbito de actuación do proxecto desenvólvese no ámbito xeográfico rexional NUT III pertencente a España e Portugal. Neste aspecto, o labor de comunicación é fundamental para garantir o maior impacto e éxito de DESTINO FRONTEIRA; un proxecto innovador de cooperación transnacional entre territorios que comparten non só un mesmo espazo senón tamén elementos da propia identidade cultural e económica.