O VIII Circuíto de Carreiras Populares Correndo por Ourense porá fin á súa edición deste ano o domingo, 21 de outubro, coa última das súas seis probas, que percorrerá o barrio da Carballeira. A cita será novamente ás 11 horas, despois da boa acollida que o adianto de hora tivo entre as persoas que participaron nas carreiras de setembro, na zona da Unviersidade e outubro, na Ponte.
Os Pitufos (nenos e nenas que naceran desde 2011) serán os primeiros en saír a escea. Cinco minutos máis tarde sairán os corredores das categorías Benxamín Sub10 e Alevín Sub12. Ás 11:15 horas será a quenda das categorías Infantil Sub14 e Cadete Sub 18. Ás 11:30 horas sairán o rest
o das persoas inscritas: xuvenil sub18, júnior, promesa, sénior e Mmáster), que percorrerán unha ruta de 5.700 metros con saída da Praza da Lexión, Rula, Salto do Can, Paspallás, Hórreo e Castelo Ramiro, para rematar de novo na Praza da Lexión.
Entrega de premios
Esta edición terá o seu acto final o día 17 de novembro, ás 19h, coa entrega de premios, que se desenvolverá en Expourense, no marco do Salón do deporte e o turismo activo de Galicia Sportur Galicia, na véspera da Carreira pedestre popular San Martiño 2018.
A emblemática proba ourensá ten aberto ate o día 11 de novembro o prazo de inscrición. O prezo será 5 euros ata o día 28 de outubro e 7 euros para quen o faga desde o 29 de outubro ao 11 de novembro. As inscricións pódense realizar a través na páxina web do Consello Municipal de Deportes www.deportesourense.com e en www.championchipnorte.com.